A Asociación Galega de Socioloxía (AGS) é a sociedade científica que representa a disciplina sociolóxica en Galicia. Reúne profesionais, persoas investigadoras, docentes e estudantes, co fin de fortalecer e impulsar o coñecemento sociolóxico, tanto no ámbito académico como na sociedade en xeral.
Os nosos obxectivos principais son:
- Impulsar o desenvolvemento da socioloxía en Galicia, promovendo a investigación e fomentando a difusión do coñecemento sociolóxico.
- Facilitar o intercambio de ideas e experiencias, entre profesionais e a comunidade universitaria.
- Organizar eventos científicos e académicos, como congresos, seminarios e xornadas, que contribúan ao avance da disciplina e á formación continua. Publicar traballos e estudos sociolóxicos que aporten análises relevantes sobre a sociedade galega e global.
- Fomentar a colaboración con outras entidades e institucións, tanto a nivel autonómico como nacional e internacional, para establecer vínculos e consolidar redes de cooperación no ámbito das ciencias sociais.
- Potenciar o perfil profesional da socioloxía, poñendo en valor as competencias e fortalezas da disciplina en diversos ámbitos laborais, desde a investigación e análise social ata o asesoramento empresarial e a xestión das políticas públicas. .
- Mellorar a empregabilidade, promovendo o recoñecemento da profesión, destacando as aplicacións prácticas e vinculando a comunidade sociolóxica co mercado de traballo.