Afiliación á Asociación Galega de Socioloxía (AGS)

A Asociación Galega de Socioloxía (AGS) é unha entidade científica que reúne a sociólogos/as e profesionais das ciencias sociais con interese en promover o desenvolvemento da socioloxía en Galicia. A afiliación á AGS permite formar parte dunha comunidade activa, participando en actividades de comunicación, colaboración e investigación no ámbito sociolóxico.

Tras o acordo adoptado na última Asemblea Xeral, a AGS mantén aberta unha campaña de novos socios e socias, coa finalidade de ampliar a base asociativa e impulsar novas iniciativas.

Categorías  e cotas de afiliación

A AGS ofrece as seguintes modalidades de afiliación:

Membro individual da AGS

  • Dirixido a sociólogas e sociólogos, así como a profesionais das ciencias sociais, que desexen integrarse na asociación a título persoal, beneficiándose das actividades, recursos e redes profesionais que ofrece a AGS.
  • Contía: 40 € (período bianual)

Membro individual grupo reducido

  • Dirixido a desempregados/as, estudantes de grao, mestrado e doutoramento interesados en formar parte da AGS e participar na vida asociativa.
  • Contía: 20 € (período bianual)

Membro colectivo

  • Enfocado a asociacións, institucións ou entidades relacionadas coa socioloxía que queiran colaborar coa AGS e contribuír ao seu desenvolvemento.
  • Contía: 40 € (período bianual)

A AGS contempla dous períodos de alta, garantindo en todos os casos unha afiliación cunha duración de dous anos naturais.

As altas efectuadas no primeiro trimestre do ano estenderanse ata o primeiro trimestre do segundo ano de referencia, mentres que as realizadas no resto do ano terán vixencia ata os meses de setembro-outubro do segundo ano.

O pagamento da cota dará dereito á expedición do certificado de membresía correspondente ao período bianual.

Beneficios de ser membro da AGS

Os membros da AGS gozan dos seguintes beneficios:

  • Participación en grupos de traballo e áreas temáticas: Posibilidade de unirse a grupos especializados para desenvolver actividades e proxectos nas súas áreas de interese.
  • Acceso a eventos e actividades: Participación en congresos, seminarios, talleres e outros eventos organizados pola AGS, moitos deles con tarifas reducidas para membros, como por exemplo o Congreso Español de Socioloxía (FES).
  • Recursos exclusivos: Acceso a publicacións, informes e materiais especializados sobre a realidade sociolóxica en Galicia e no ámbito global.
  • Visibilidade profesional: a través da difusión de información de interese na páxina web da AGS e newsletter, permitindo mostrar información profesional e biográfica, facilitando o contacto e a colaboración con outros membros.
  • Participación en órganos de goberno: Dereito a participar e votar nas asembleas da AGS, así como a formar parte dos seus órganos directivos e comités.

Procedemento de afiliación

Para asociarte á Asociación Galega de Socioloxía, cómpre seguir os seguintes pasos:

  1. Cumprimentar o formulario de inscrición
  • Formulario de inscripción dispoñible aquí.

No formulario solicitaranse os datos persoais e de contacto, os datos de facturación e unha nota biográfica cun máximo de 300 palabras, en formato texto, na que se destaquen os aspectos máis relevantes da traxectoria académica ou profesional.

No caso de membros colectivos, deberase incluír información básica sobre a entidade solicitante.

  1. Seleccionar a modalidade de pagamento

A afiliación ten carácter bianual e pode realizarse mediante dúas modalidades de pagamento:

  • Domiciliación bancaria. Neste caso, a persoa asociada será informada con antelación da renovación da afiliación cada dous anos.
  • Transferencia bancaria á conta da AGS:
    • IBAN disponible no formulario de inscripción
    • Concepto: DNI e nome completo (exemplo: 12345678A Nome Apelidos)
  1. Xustificar a afiliación reducida (se procede)

As persoas que soliciten a membresía reducida deberán achegar documentación acreditativa da súa situación (credencial de demandante de emprego, matrícula de estudos, certificado académico ou documento equivalente).

  1. Confirmación da afiliación

Unha vez recibida a solicitude e comprobada a documentación, a afiliación considerarase formalizada, a persoa solicitante pasará a formar parte da AGS e enviaráselle o correspondente certificado de afiliación bianual.