Historia da AGS

A Asociación Galega de Socioloxía (AGS) fundouse  en 1981, nun momento de transformación social e política marcado pola consolidación da democracia en España. O seu obxectivo principal foi fortalecer a disciplina sociolóxica en Galicia, xerando un espazo para o debate, a investigación e a divulgación do coñecemento.

A AGS naceu no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela, o único da súa clase en Galicia naquela época. O impulso inicial veu da man do  profesor José Pérez Vilariño, quen  liderou a primeira xunta directiva, acompañado por un equipo de docentes e investigadores/as. O 21 de maio de 1981, a asociación quedou oficialmente rexistrada no Ministerio do Interior, e pouco despois celebrouse a súa Asemblea Constitutiva, onde se sentaron as bases do seu funcionamento.

Desde os seus inicios, a AGS adoptou unha visión aberta e interdisciplinar, establecendo lazos con outras asociacións de socioloxía a nivel estatal.

Na actualidade, a AGS, cun novo equipo directivo, emprende unha nova etapa para potenciar o papel da socioloxía na sociedade galega, reforzar a inserción laboral dos seus profesionais, impulsar proxectos de investigación e promover o recoñecemento da disciplina no campo académico e profesional.