Quen somos

A Asociación Galega de Socioloxía (AGS) é a sociedade científica que representa a disciplina sociolóxica en Galicia. Reúne profesionais, persoas investigadoras, docentes e estudantes, co fin  de fortalecer e impulsar o coñecemento sociolóxico, tanto no ámbito académico como na sociedade en xeral.

Os nosos obxectivos principais son:
  • Impulsar o desenvolvemento da socioloxía en Galicia, promovendo a investigación e fomentando a difusión do coñecemento sociolóxico.
  • Facilitar o intercambio de ideas e experiencias, entre profesionais e a comunidade universitaria.
  • Organizar eventos científicos e académicos, como congresos, seminarios e xornadas, que contribúan ao avance da disciplina e á formación continua. Publicar traballos e estudos sociolóxicos que aporten análises relevantes sobre a sociedade galega e global.
  • Fomentar a colaboración con outras entidades e institucións, tanto a nivel autonómico como nacional e internacional, para establecer vínculos e consolidar redes de cooperación no ámbito das ciencias sociais.
  • Potenciar o perfil profesional da socioloxía, poñendo en valor as  competencias e fortalezas da disciplina en diversos ámbitos laborais, desde a investigación e análise social ata  o asesoramento empresarial  e a  xestión das  políticas públicas. .
  • Mellorar a empregabilidade, promovendo o recoñecemento da profesión, destacando as aplicacións prácticas e vinculando a comunidade sociolóxica co mercado de traballo.
A AGS está aberta a:
  • Profesionais que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  • Persoas investigadoras en académicas interesadas no estudo da sociedade galega.
  • Estudantado de socioloxía que desexe integrarse na comunidade profesional e científica.

A través destas iniciativas, a AGS aspira a consolidarse como un referente da socioloxía en Galicia, impulsando  a reflexión crítica e o debate sobre os retos sociais actuais, e reforzando o papel da disciplina no ámbito laboral.